Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais A primeira clase do curso dedicarase á presentación da materia aos alumnos.
Sesión maxistral Realizarase a explicación xeral dos diferentes temas da materia. O alumno contará en todo momento con material bibliográfico e apuntamentos elaborados polo profesor do tema a tratar en cada sesión maxistral. Foméntase a participación en clase a través de comentarios que relacionan os contidos teóricos con experiencias da vida real
Estudo de casos Procederase á aplicación da teoría aprendida (nas sesións maxistrais) e á resolución de casos prácticos.
Proba obxectiva A proba obxectiva consistirá nunha serie de preguntas curtas de desenvolvemento conceptual, cuxo número variará entre 10 e 20, e a resolución de dous exercicios prácticos. O contido das preguntas versará sobre as materias impartidas en clase e os exercicios prácticos serán tamén similares aos resoltos na clase. Achegarase ao alumno suficiente material para o estudo da teoría e para os exercicios prácticos. Poderanse realizar probas parciais, tanto da parte teórica como da resolución de problemas, e unha proba final conxunta de toda a materia.
Resumo Antes de cada proba parcial e do exame final dedicarase unha clase presencial de síntese dos principais contidos expostos. Preténdese axudar ao alumno a comprender a materia de forma global e a resolver aqueles aspectos que puidesen dar lugar a confusión ou que non fosen asimilados adecuadamente.