Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballos realizados polo alumnado (individuais e/ou en grupo) respecto dos contidos da materia.
Ao longo do cuadrimestre proporase un ou varios traballos ao redor dos contidos do temario que deberán fundamentarse coa bibliografía básica e complementaria da guía e con outra seleccionada polo profesorado e/ou polo estudantado.
A súa realización iniciarase na aula e completarase mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións proporcionadas a través da atención personalizada do profesorado.
A través da exposición na aula, compartiranse os traballos realizados.
Presentación oral Sobre os traballos tutelados.
Proba obxectiva Exame final.
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os
aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.