Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A10 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B15 C1 C4 C5 C13 A memoria do traballo avaliarase atendendo a unha rúbrica. Ademais, realizarase unha presentación oral dos resultados obtidos, que se avaliará igualmente atendendo a unha rúbrica.
Para que a cualificación do traballo tutelado faga media co resto de probas de avaliación, será necesario obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10.
20
Proba mixta A5 A10 B2 B15 C1 C4 C12 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento;
as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Para que a cualificación da proba mixta faga media co resto de probas de avaliación, será necesario obter un resultado mínimo de 5 puntos sobre 10.
40
Obradoiro A5 A10 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B15 C1 C4 C5 C13 Para a súa avaliación terase en conta a realización e entrega das actividades no prazo indicado polo profesor. 40
 
Observacións avaliación