Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición didáctica -usando diapositivas e/ou taboleiro- dos contidos teóricos da materia.
Solución de problemas Formulación e resolución de problemas relacionados cos contidos da materia, usando diapositivas e/ou taboleiro.
Proba mixta Proba de teoría e resolución de problemas sobre os contidos expostos durante as sesións maxistrais e de resolución de problemas de todo o curso.
Prácticas de laboratorio O alumnado desenvolverá unha serie de prácticas no Laboratorio de Electrónica, sobre equipos de medida e compoñentes. Xunto con ditas prácticas, tamén deberá responder preguntas relacionadas cos temas a desenvolver nelas.
Prácticas a través de TIC O alumnado desenvolverá unha serie de prácticas en PC utilizando un software de simulación de circuítos electrónicos. Xunto con ditas prácticas, tamén deberá responder preguntas relacionadas cos temas a desenvolver nelas.
Proba de resposta breve O alumnado deberá responder unha serie de preguntas relacionadas cos temas a desenvolver en cada sesión de prácticas.