Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de cada un dos temas con apoio de Tics, cando se considere necesario, facilitando ademais aos alumnos uns apuntamentos con todo o temario. Como complemento ás clases teóricas expoñense diferentes problemas de cálculos de carga e estiba en distintos modelos de buques.
Proba obxectiva A proba obxectiva consistirá nunha serie de preguntas, entre 10 e 20, de desenvolvemento conceptual sobre as materias impartidas en clase e sobre as que se achegará ao alumno material suficiente para a súa superación. Tamén se incluirá na proba a resolución dun a tres problemas de estiba do mesmo tipo que os resoltos na clase.
Prácticas de laboratorio Resolución de diferentes cálculos de estiba con distintos tipos de buques. Os alumnos deberán resolver os problemas propostos polo profesor coa finalidade de aplicar os coñecementos teóricos de forma práctica e/ou mediante software de simulación de carga.