Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir ao alumnado na realización do traballo proposto, tratando de aportar solución ao problemas e dúbidas que vaian aparecendo ao longo do desenvolvemento do mesmo, así como para orientar ao alumnado na resolución dos problemas que lles crearon máis dificultades.

Farase uso dos seguintes medios:

- Correo electrónico. Diariamente. Uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle. Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de arquivos para a súa descarta nos que teñen que resolver exercicios prácticos e vídeos de elaboración propia en Stream nos que se explica a resolución dos exemplos. Ademáis, dispoñen de enlaces a páxinas web con manuais e titoriais.
- Teams: 2 sesións semanais de 2 horas na franxa horaria para o seguimento e apoio dos traballos tutelados e resolución de problemas.