Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A17 A18 B1 B2 B4 B10 B11 C6 Xeralmente consiste nun exame no que se plantexan problemas do estilo de aqueles que poderá consultar o alumnado durante o curso no Campus Virtual.
O alumno pode levar materiais de apoio ao exame, aínda que non os pode usar por un tempo indefinido.
Unha parte da proba pode realizarse no correspondente Laboratorio.
O conxunto de probas obxectivas permiten alcanzar o 100% da cualificación.

Competencias avaliadas:

A17 Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
A18 Redacción e interpretación de documentación técnica.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B10 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B11 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
100
 
Observacións avaliación

Según as circunstancias particulares de cada persoa, e posible, alcanzar outros acordos de avaliación entre profesor e alumnado, pero nese caso debe existir un contrato firmado por ambas partes.

Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 y A/III-2 do Código STCW e as súas emendas relacionados con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación, se é procedente.

Para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia,
segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS
ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5)
(04/05/2017):