Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Proporanse una serie de exercicios para que o alumno aprenda a desenrolar sinxelos algoritmos cos que resolver os problemas que se lle indiquen, utilizando para elo as estructuras de control , así coma os tipos e estructuras de datos básicas dunha linguaxe de programación. O alumnado poderá desenvolver estas prácticas tanto de maneira presencial no laboratorio coma de maneira autónoma desde o seu domicilio. Se lle proporcionará un kit coas compoñentes electrónicas necesarias para as mesmas.
A entrega se fará usando o Campus Virtual da UDC, onde deben subir o código do algoritmo e un pequeno vídeo que demostre o funcionamento do programa.
Traballos tutelados Proporase a realización dun traballo tutelado relacionado co seu ámbito profesional no que o alumno deberá integrar os coñecementos adquiridos non só nesta materia, senón tamén noutras materias da titulación.
Este traballo levarase a cabo de forma autónoma, co apoio do profesorado. Para elo se lle proporcionará o equipo hardware necesario que deberá programar para conseguir o seu correcto funcionamento. O traballo defenderase presencialmente ou a través de Teams, e entregarare facendo uso de ferramentas como o Campus Virtual da UDC e GitHub.
Sesión maxistral O profesor fará unha descripción dos contidos de cada tema, relacionándoos cos conceptos adquiridos previamente. Despois desenrolará os contidos teóricos utilizando transparencias e exemplos prácticos. Estas sesión poderán desenvolverse usando Teams e o Campus Virtual da UDC.