Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os profesores exporán en clase todos os temas, apoiándose en presentacións gráficas. A asistencia do alumno formará parte da avaliación.
Saídas de campo Os profesores concertarán visitas de carácter técnico para coñecer sistemas de saneamento integral.
Traballos tutelados O alumno realizará polo menos 1 traballo tutelado consistente nunha solución técnica de deseño mediante o uso de folla de cálculo. Se algún dos alumnos desexa que o traballo de curso sexa útil para o seu proxecto final de carreira os profesores realizarán un especial apoio e seguimento do mesmo.

De maneira alternativa poderase realizar un traballo de investigación (experimental ou teórica).
Proba de resposta breve Os profesores elaborarán e entregarán aos alumnos unha listaxe de preguntas de solución con respostas breves. O día do exame, desa listaxe sortearanse as preguntas que os alumnos deberá contestar nun tempo aproximado de 1 hora. As preguntas poden implicar respostas teóricas e/ou de cálculo, así como debuxar un equipo ou pór nomes a elementos dun sistema de tratamento, etc.