Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A5 A13 A14 A15 A35 B19 C8 Asistencia ás clases teóricas impartidas polos profesores 20
Prácticas de laboratorio A8 A13 A14 A15 A35 A48 B1 B3 B4 B6 B7 B8 B12 B13 C11 C12 C14 C16 C20 Realización de problemas e exercicios prácticos sobre cada un dos temas explicados no laboratorio informático 20
Traballos tutelados A1 A5 A8 A13 A14 A15 A35 A48 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B19 B13 C7 C11 C12 C15 C19 C20 Realización de traballos curtos individuais para pór en práctica o aprendido en casos reais. 40
Aprendizaxe colaborativa A8 A14 A15 B9 B11 B18 C11 C12 C14 Desenvolvemento de prácticas específicas de traballo en grupo. 20
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación basearase nunha avaliación continua mediante o seguimento dos traballos, prácticas e intervencións dos alumnos nas clases, e a asistencia será tamén avaliable. Cada práctica proposta para entregar terá unha puntuación concreta e avaliarase individualmente, de forma que cada alumno irá sumando as notas de cada exercicio entregado en tempo e forma.

Se se asistiu a clase, e a nota de todas as valoracións das prácticas é superior ou igual á nota mínima esixida, a materia considerarase aprobada. En caso contrario o alumno poderá volver presentar os exercicios puntuables na seguinte convocatoria.

En casos excepcionais, poderá exporse unha proba de avaliación de coñecementos final.