Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases nas que se expoñen os principais contidos teóricos da materia.
Preséntanse tamén exemplos e casos reais.
Prácticas a través de TIC Deseño e dimensionamento de compoñentes dos sistemas de abastecemento e saneamento utilizando software técnico.
Aprendizaxe colaborativa Afondamento nas metodoloxías de deseño de sistemas de abastecemento e saneamento aplicándoos nun caso práctico. O traballo dividirase en grupos e os resultados compartiranse co resto dos compañeiros.
Solución de problemas Solución de problemas propostos en clase polos profesores para afianzar os conceptos teóricos.
Saídas de campo Visita a unha ETAP e/ou EDAR na Coruña.