Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A19 A22 A31 A23 A25 B11 C12 Os profesores elaborarán probas baseadas en test, preguntas curtas e/ou desenvolvemento de temas. Poderán abarcar varios temas relacionados dos presentados no temario.

Nota: leer apartado "observacións avaliación".
90
Solución de problemas B9 B11 B6 C8 Dalgúns temas os profesores elaborarán e entregarán aos alumnos boletíns/lotes de exercicios a resolver dentro dun prazo que se establecerá no seu momento. Cada boletín/lote constitúe unha tarefa obrigatoria.

Nota: leer apartado "observacións avaliación".
10
 
Observacións avaliación

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

A asinatura estrutúrase en dous bloques temáticos (un bloque sobre os temas relacionados co recurso auga e outro bloque que comprende o resto de temas). Cada bloque avalíase de forma independente mediante unha proba mixta. Esixirase un nivel mínimo de competencia en cada un dos dous bloques que configuran a materia, é dicir, cada bloque debe aprobarse e non se realiza compensación de notas entre bloques.

Se en primeira oportunidade (exame de xaneiro-febreiro) o alumno aproba un bloque e outro non, a nota do bloque aprobado se garda para a segunda oportunidade (exame de xullo), é dicir, na segunda oportunidade o alumno só deberá presentarse á parte do exame correspondente ao bloque suspenso en primeira oportunidade.

No caso de que nalgún bloque non se realice "solución de problemas", o 100% da cualificación corresponderá á "proba mixta".

BONIFICACIÓNS.- O alumno poderá conseguir as seguintes bonificacións:

(a).- Por asistencia ás clases maxistrais en cada bloque: ata 0.50 puntos. O mínimo de asistencia será do 75%. Os profesores levarán un control da asistencia a cada bloque.

(b).- Por asistir a unha visita técnica: 0.25 puntos.

Estas bonificacións poderán ser aplicadas só cando o alumno obtivese máis dun 4,5 na nota de avaliación da proba estándar.

"O primeiro día de clase, os profesores explicarán detalladamente estes criterios de avaliación".