Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os profesores expoñerán en clase todos e cada un dos temas apoiándose en presentacións gráficas. Esta teoría será a base para o desenvolvemento tanto das prácticas de laboratorio como do dimensionamiento dunha ETAP. Esixirase a cada alumno unha asistencia de polo menos o 80 % das horas - clase maxistrais, e isto formará parte da avaliación global (a asistencia ten un peso do 15% da nota final (só achega % ao pasar do 80% de asistencia). Avaliarase mediante exame (ou exames de teoría) baseados nunha listaxe de preguntas de cada tema. Esta avaliación da teoría terá un peso do 30% sobre a nota final.
Saídas de campo Os profesores concertarán polo menos 2 visitas de carácter técnico. Unha será a unha Estación de Tratamento de Auga Potable ( ETAP), e a outra será a unha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). A asistencia ás visitas formarán parte da avaliación cun peso do 5%.
Traballos tutelados Os profesores propoñerán polo menos a realización de 1 traballo tutelado e a realización de prácticas de ensaios de tratamento en laboratorio, cos seus correspondentes informes O dimensionamiento das liñas dunha ETAP realizarase en formato de folla de cálculo. Realizaranse 5 ensaios de laboratorio: sedimentación floculante, sedimentación zonal, coagulación- floculación, flotación e filtración. Estes ensaios realizaranse en grupos de 2 alumnos. Os traballos e informes serán sometidos a revisións periódicas, e estas formarán parte da avaliación. Os ensaios e os seus informes 30% da nota global. Predimensionamiento de ETAP 20% da nota global.
Proba de resposta breve Os profesores prepararán e entregarán aos alumnos unha lista de cuestións analíticas e conceptuais. Estas cuestións deberán ser resoltas polos alumnos, e sobre esta base de cuestións realizarase polo menos unha proba de control de coñecementos que formará parte da avaliación global de cada alumno. Esta avaliación da teoría terá un peso do 30% sobre a nota global.