Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
Para a correcta asimilación dos contidos desenvolvidos nas clases de teoría (sesións maxistrais) e nas de problemas (prácticas de laboratorio) é moi recomendable consultar co profesor as dúbidas que xurdan, ben ao longo das devanditas clases ou ben durante o estudo persoal da materia. Tamén se poden consultar nas entrevistas de atención personalizada as dúbidas que se formulan durante a resolución persoal dos problemas de entrega voluntaria.

Estas consultas realizaranse preferentemente en dous momentos:
a) Na aula, durante os 10 minutos posteriores a cada clase.
b) No despacho do profesor durante o horario establecido para esta actividade.

É posible tamén realizar consultas en calquera momento a través do correo electrónico, se ben este medio pode non ser adecuado para resolver determinado tipo de dúbidas, debido á súa complexidade.