Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consistirán basicamente en explicacións teóricas dos distintos apartados do temario. Ademais se contextualizará cada tema dentro das súas posibles aplicacións prácticas durante a vida profesional.
Prácticas de laboratorio Análise de casos propostos polo profesor ou pola propia actualidade de casos prácticos relacionados co temario.
Proba mixta Proba que comprende tanto preguntas teóricas breves como exercicios prácticos.
Solución de problemas Resolucións dos problemas propostos na clase
Proba oral Proba consistente ben nunha breve exposición dun tema xa explicado en clase ou na extrapolación dos coñecementos adquiridos para a resolución dalgún caso exposto polo profesor.