Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Se desarollarán novos conceptos matemáticos partindo de exemplos que resulten familiares aos alumnos ou expondo o problema que se pretende resolver con eles; a partir de aí se abstraerán as súas características comúns motivando a súa definición máis rigorosa. Posteriormente desenvólvese a teoría que permite abordar os problemas descritos inicialmente.

É desexable a participación do alumno, comentando as dúbidas que lle xurdan a medida que avanza a sesión.
Seminario Paralelamente ao desenvolvemento teórico da materia entregaranse boletíns de exercicios e problemas realacionados.

O obxectivo é que os alumnos vaian traballando os coñecementos que van adquirindo a través destes boletíns.

Nos seminarios con axuda do profesor discutiranse e resolverán os problemas máis relevantes dos boletíns.
Proba mixta Exame escrito onde se avalía a comprensión e aplicación dos conceptos e métodos fundamenteles da materia.
Solución de problemas Entregaranse uns exericios de cada tema para que sexan resoltos individulamente por cada alumno.
Lecturas Antes de iniciar cada tema porase a disposición do alumno unhas notas sobre os contidos do mesmo. Estes apuntamentos están pensados como un complemento ás explicacións do profesor en clase.

É desexable unha lectura previa dos alumnos que lles familiarice polo menos cun esquema do que van estudar.

Finalmente e á luz das explicacións nas clases presenciais, é conveniente unha revisión comprensiva das notas.