Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os principais conceptos teóricos da materia serán presentados en sesións de carácter maxistral
Solución de problemas As clases teóricas complementaranse con clases de carácter práctico, onde se estudarán casos de aplicación das metodoloxías estudadas ou se resolverán exercicios e problemas, que axuden á correcta comprensión desta materia. Proporanse exercicios prácticos que serán avaliados.
Estudo de casos As clases teóricas e prácticas complementaranse co estudo de casos de aplicación das metodoloxías estudadas ou se resolverán exercicios e problemas, que axuden á correcta comprensión desta materia. Exporanse exercicios prácticos que serán avaliados.
Saídas de campo Organizarase unha visita a obra a partir da cal se definirá un exercicio práctico que será avaliado
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia de cada bloque con carácter avaliable a través da cal o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións de tipo teórico e práctico, facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados ao longo do curso.