Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B5 B6 B10 C6 Exame de todos os contidos da materia, que inclúe os tratados nas sesións maxistrais, prácticas e traballos. O tipo de exame será de exposición escrita podendo incluír preguntas tipo test e/ou preguntas de resposta breve e/ou para desenvolver.

Se o profesorado e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderá facerse unha ou varias probas teóricas da materia durante o curso, de forma que en caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba mixta nas convocatorias oficiais.
35
Proba práctica A5 B1 B2 B4 B6 B10 B11 C3 C6 Exame práctico mediante o uso de recursos informáticos de todos os contidos da materia.

Se o profesorado e a maioría simple do alumnado así o acorda, poderán realizarse unha ou varias probas prácticas da materia durante o curso, de forma que en caso de superalas, o alumnado poida liberar parte ou toda a materia da proba práctica nas convocatorias oficiais.
35
Traballos tutelados A2 A5 B1 B2 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C6 Avaliaranse os traballos/proxectos realizados polo alumnado así como a presentación oral que poida derivar deles. 30
 
Observacións avaliación

A cualificación de Non Presentado outorgarase a todo o alumnado que non se presente á proba práctica e á proba mixta en cada unha da convocatoria oficiais. No caso de presentarse a unha destas probas, o alumnado non poderá obter esta cualificación.

O profesorado da materia poderá decidir libremente o número de Matrículas de Honra a outorgar entre as máximas establecidas anualmente. Estas poderanse conceder entre aquel alumnado que teña a cualificación de sobresaliente, adxudicándose por orde de cualificación.

O profesorado, se así o decide, poderá facer adaptacións á avaliación para o alumnado que xa cursou a materia en anos anteriores, o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia.


As metodoloxías de avaliación e portentaxes asignados serán as mesmas en
ambas oportunidades. O alumnado poderá presentar os traballos tutelados nas datas marcadas polo profesorado para cada unha das
oportunidades.


A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a calificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquer calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.