Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC A parte práctica da materia terá lugar na aula de informática mediante a utilización do computador como ferramenta de traballo e Internet como recurso de información.
Traballos tutelados O estudante deberá render un traballo no que demostrará as habilidades adquiridas durante a materia en relación á procura de información.
Proba obxectiva Trátase dunha proba tipo test na que o estudante renderá os coñecementos teóricos adquiridos durante a materia.
Discusión dirixida As clases presenciais teóricas levarán na súa porcentaxe maior, a discusión dirixida como a metodoloxía elixida para a participación do estudante nas diversas temáticas a tratar durante a materia
Análise de fontes documentais Indispensable para poder elaborar o traballo final é a análise dos documentos atopados durante a procura de información ou para a realización dos mesmos.
Actividades iniciais Consistirá nunha sesión na que se presentarán as características da materia, así como a súa programación e disposición horaria
Sesión maxistral Os temas cun contido teórico máis marcado serán afrontados mediante a explicación dos puntos máis importantes dos mesmos por parte do profesor mediante sesións maxistrais.