Metodoloxías
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada desenvolverase a través das ferramentas institucionais: teams, correo electrónico e Moodle.

No caso do alumno en réxime de presencialidade:
Traballo tutelado: recoméndase a atención personalizada para axudar ao estudante a elaborar o seu traballo, desde a seleccion das fontes bibliográficas, ata a súa estructuración e desenvolvemento.
Proba obxetiva: recoméndase a atención personalizada para axudar ao alumno a resolver as dúbidas xurdidas da preparación da materia no seu conxunto.
No caso do alumno de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, se realizará unha tutorización cada quince días, en base á lectura de textos recomendados e a elaboración de infomres por parte do alumno que garanticen o seguimiento adecuado do programa.

No caso dos alumnos en réxime de semipresencialidade, as accións de atención personalizada intensificaranse, de xeito que se farán semanalmente por teams e Moodle e a demanda do estudantado por correo electrónico.