Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Efectuarase a exposición oral do temario da materia de forma ordenada, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e coa introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Prácticas de laboratorio Asistencia, execución e análise das prácticas programadas. Estas actividades mostrarán ao alumno as distintas modalidades e métodos de cinesiterapia, levándose a cabo a posta en práctica de distintas técnicas manuais e instrumentais, que posteriormente empregará como ferramentas terapéuticas no ámbito clínico
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode conter distintos tipos de preguntas: preguntas test, de resposta breve e de desenvolvemento.
Presentación oral Presentación na aula dos temas desenvolvidos como traballos tutelados
Proba práctica Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.
Traballos tutelados Realizarase un traballo individual ao longo do cuadrimestre cuxa data de entrega será fixada o día da presentación da materia. Os temas concretos sobre os que versarán os traballos así como as súas características trataranse despois da constitución dos grupos ao comezo da materia.