Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Prácticas de laboratorio
Proba mixta
Sesión maxistral
Presentación oral
Descrición
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Ao tratarse dunha materia de fundamentos teóricos para alumnos de primeiro curso a atención personalizada está orientada a axudar ao alumno na clarificación de conceptos interrelacionados, resolución de dúbidas e adquirir unha visión integrada deste corpo de coñecementos. Tamén posúe o obxectivo de axudarlle na procura e interpretación das fontes bibliográficas.
Para a tutorización desta metodoloxía docente establécense catro horas de atención personalizada distribuídas regularmente ao longo do curso