Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Aprendizaxe colaborativa
Sesión maxistral
Descrición
A sesión maxistral realízase na aula cos medios audiovisuais e didácticos pertinentes (transparencias, diapositivas,...) partindo dunha pregunta e desenvolvendo as súas implicacións durante a clase. Para iso necesítase a participación directa do alumnado. Poderanse empregar algunhas clases para realizar actividades de avaliación continua.

As prácticas de laboratorio terán un carácter demostrativo. Para adquirir as habilidades pertinentes, o alumnado terá que practicar en horario non presencial.

Recomendase non deixar as dúbidas para o final, pois ademais da dificultade da aprendizaxe, é probable que non poidan solventarse coa profundidade necesaria. Débese empregar o traballo colaborativo e as prácticas non presenciais para ir preparando a materia facendo uso das titorías para ir solventando as dúbidas.

Preferentemente a forma de atención personalizada ao alumnado será non presencial, á demanda do alumnado en formato escrito vía correo electrónico para a aclaración de dúbidas; ou vía moodle a través dos foros ou de consulta directa, fundamentalmente para aclaración de dúbidas ou resolución de tarefas escritas.
Para reunións virtuais, se usará TEAMS previa solicitude.

Alumnado con recoñecimento de adicación a tempo parcial: deberá asistir como mínimo ao 50% das clases prácticas para poder optar ao examen. Deberá realizar os traballos como o resto do alumnado, de forma individual se non asiste ás clases e, de non asistir, tamén perderá a opción das actividades continuadas que se realicen nas mesmas.