Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 A7 B2 B3 B5 C1 C6 C9 Realizarase en grupos. O profesorado exporá as preguntas/temas/casos que han de ir resolvendo/preparando o alumnado. Para a parte de electroterapia e ondas mecánicas poderá desenvolverse unha acción colaborativa ao abeiro do programa "Rompendo Regras", particularmente coa materia de Fisioterapia abdómino-pelvi-perineal.

Irase controlando a súa realización secuencialmente e contabilizará ata un 20 % da nota final, que só se sumará en caso de ter aprobado o exames teórico e práctico de cada módulo.

20
Proba mixta A3 A7 B1 B3 B4 C1 C6 O exame teórico contará o 50% da nota final. Poderá constar de preguntas de resposta aberta enfocada ao razoamento científico-clínico, preguntas curtas que aborden a capacidade de síntese e/ou tipo test.

Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada un dos exames das partes (teórica e práctica). Se poderá realizar un exame parcial dun módulo se a dinámica da clase o posibilita. Adicionalmente, segundo flúa a dinámica da clase a xuicio da docente poderán desenvolverse nela actividades de avaliación continua que poderá supor puntuación adicional, sobre todo para o módulo de ondas electromagnéticas e mecánicas.

Só se engadirá a nota da aprendizaxe colaborativa se se aprobaran ambos exames (teórico e práctico) de cada un dos módulos.

Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima.
50
Proba práctica A3 A7 B2 B4 C1 C6 C9 O exame práctico contará o 30% da nota final. Constará de 1 o máis casos que se plantexarán ao alumnado para a súa resolución teórico-práctica. O estudiante será avaliado por un/unha profesor/a que non ten por qué coincidir co que lle impartiu a práctica.

Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada un dos exames das partes (teórica e práctica). Só se engadirá a nota da aprendizaxe colaborativa se se aprobaran ambos examen (teórico e práctico) de cada un dos módulos. Poderá facerse un exame parcial dun módulo se a dinámica da clase o posibilita.

Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima.
30
 
Observacións avaliación

A asistencia á clase práctica é moi recomendable (polo menos debe ser do 80%) e a non asistencia debe estar ben xustificada e podería impedir a valoración da aprendizaxe colaborativa. A asistencia ás clases teóricas non é obligatoria pero a non asistencia  podería impedir a  realización de actividades adicionais de avaliación continuada, de realizarse. O alumnado a tempo parcial se someterá ás mesmas probas de avaliación que o alumnado de matrícula ordinaria, so que aquelas estipuladas de forma grupal, serán realizadas de forma individual se non ten asistido a clases habitualmente (80% ou máis) e non terá dereito ás actividades adicionais de avaliación continuada se non acude a esas clases. 

 O alumnado que se presente ao exame dun dos dous módulos e non ao outro, constaralle como non presentado na nota final. No momento que se presentou a algún exame de ambos os módulos ou se lle deu por superado un deles e presentouse ao outro, xa non poderá constar como non presentado, sendo necesaria a aprobación dos dous módulos para poder constar como aprobado na nota final.

Se gardará cada nota do módulo aprobado ata a segunda oportunidade. 

A porcentaxe asignada a cada proba pode sofrir pequenas modificacións en función das variaciones externas que incidan sobre a materia, non obstante nunca será inferior ao 50% no caso do exame teórico e o 30% no caso do práctico.

A realización fraudulenta dalgunha das probas ou actividades de avaliación implicará, directamente, a calificación de suspenso na materia na convocatoria correspondente, e suporá a anulación da puntuación obtida en todalas actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.