Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Efectuarase a exposición oral do temario da materia, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.
Aprendizaxe colaborativa Organizarase a clase en varios grupos nos que os alumnos traballan conxuntamente na resolución de tarefas e/ou realización de traballos propostos polo profesor co fin de lograr unha mellor comprensión dos programas de exercicio terapéutico. Con este obxetcivo poderán tamén realizarse prácticas de exercicio terapeútico nas que os alumnos vivencien a dirección e realización dun programa destas características.
Prácticas de laboratorio Estas sesións servirán para pór en práctica os contidos teóricos impartidos mostrando ao alumno a execución, os procedementos e as técnicas de prescrición do exercicio terapéutico en fisioterapia así como distintos sistemas de avaliación/rexistro. Así mesmo profundarase na execución práctica e o control das distintas modalidades de exercicio terapéutico.
Proba práctica Proba de carácter oral na que se valorará fundamentalmente a a execución das distintas técnicas de tratamento e valoración así como o deseño de exercicios/programas no ámbito do exercicio terapéutico.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode conter distintos tipos de preguntas: preguntas test, de resposta breve e de desenvolvemento.