Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A7 A11 A12 A15 A17 A18 A19 C1 C3 C4 C5 C6 C8 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 10
Prácticas de laboratorio A3 A4 A5 A6 A15 A16 A18 A19 B2 B4 Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. 10
Proba práctica A3 A4 A5 A6 A18 Utilizase para a avaliación dos contenidos analizados durante as practicas de laboratorio. 30
Proba de resposta múltiple A3 Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. 50
 
Observacións avaliación

A proba teorica representa o 50% da avaliación. A proba práctica o 30%. Entre ambas probas suman un 80%. A avaliación continuada supón o 20%, inclúe prácticas de laboratorio e estudo de casos. Para aprobar a materia teñen que superar cada unha das unidades temáticas cunha nota do 50% sobre o total de cada apartado, a nota final resultase da media das 3 unidades temáticas. O aprobado de cada unidade temática mantense ata a 2ª convocatoria do mesmo curso.

 Para guardar unha das partes da materia (teoria ou practica) hai que presentarse a ambalas duas.

 Si un alumno se presenta a unha das partes e non fai na outra, a sua nota final constara como suspenso.

Nota: Farase un seguimento da asistencia por parte dos alumnos as practicas de laboratorio. 

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacions dun curso a outro en funcion das necesidades da materia, non obstante o valor do exame (teorico e practico) non sera inferior ao 80% da nota final.