Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Método expositivo impartido polo profesor, onde se desenvolve un tema do programa utilizando soporte técnico. Os contidos abordados nas sesions maxistrales, poderanse complementar/reforzar con algunha lectura recomendada, ou ben mediante a posta en práctica de actividades de resolución de problemas, e/ou estudo de casos
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Proba mixta Durante o desenvolvemento desta proba poderanse expor preguntas abertas de desenvolvemento con enfoque clínico, preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Traballos tutelados Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. levará a cabo un traballo de estudo e revisión sobre os principais tipos de próteses e vías de abordaxe para a súa colocación a nivel de raquis e extremidades, desenvolvendo o proceso de atención fisioterápica tanto en fase hospitalaria como ambulatoria.
Análise de fontes documentais Levarase a cabo, individual ou grupalmente, un proceso de procura, selección e análise de artigos científicos que recollan procedementos de avaliación e/ou intervención relacionados co proceso de intevención fisioterápica nas unidades temáticas abordadas ao longo da materia.