Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Análise de fontes documentais
Proba mixta
Descrición
Actividade académica desenvolvida polo profesorado, de forma individual ou grupal, que ten como finalidade atender ás necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho) ou de forma non presencial (a través de correo electrónico ou da contorna virtual: teams).

Enténdese por atención personalizada o tempo que cada profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado en relación a unha materia concreta.