Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A17 C4 C5 C7 Exame escrito ao final do curso para ambos os profesores, baseado en materiais utilizados durante o curso. 25
Traballos tutelados A13 A19 C8 Traballo escrito de unhas 8 páxinas acerca dun tema de Fisioterapia, en inglés. Os detalles atópanse na sección de "Metodoloxías" e na páxina correspondente da plataforma Moodle. 25
Presentación oral C6 Presentacións en inglés resumindo o traballo tutelado, dun máximo de 5 minutos. Detalles na plataforma Moodle 25
Portafolios do alumno A17 C2 C3 C4 Asistencia, participación e traballos escritos durante o curso para ambos os profesores. 25
 
Observacións avaliación

As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas variacións dun curso a outro con respecto á memoria verificada, en función das necesidades da materia. Con todo, o valor da parte teórica (proba mixta máis traballos tutelados) terá un valor aproximado (de entre 40% e 60%) e a avaliación da parte práctica (presentación oral máis portafolios do alumno) terá un valor de aproximadamente 50% (de entre 40% e 60%).

Na oportunidade de xullo os estudantes realizarán un traballo sobre os textos técnicos (50% da nota) e o exame (50%). Aqueles estudantes que ao longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente, non presentarán ningún traballo adicional.

Os estudantes que non se presenten ás probas obxectivas da primeira o segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non presentado se non entregan o 50% das actividades availables durante o curso.

Segundo as directrices do VOAT, os estudantes que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda de xullo, figurarán coa nota Sspenso na primeira oportunidade.

Os estudantes a tempo parcial ou con licenza presentarán un traballo máis extenso e realizarán o exame.