Temas Subtemas
O Traballo Fin de Grao pode adoptar algunha das seguintes modalidades:
1. Revisión bibliográfica: esta modalidade pretende describir de forma actualizada o estado de coñecemento dun ámbito concreto da realidade de investigación sanitaria.
2. Proxecto de investigación: o propósito é achegar información útil e aplicable para o desenvolvemento dun proxecto de investigación novo.
3. Traballo de investigación: o obxectivo será comunicar os resultados orixinais derivados do proceso de investigación levado a cabo polo/a estudante. Aceptaríase dentro desta modalidade de TFG a realización dun estudo piloto.
4. Caso clínico real: implica a exploración, intervención e seguimento dun caso clínico real, onde o/a estudante poida pór de manifesto as competencias adquiridas ao longo do seu proceso formativo.
5. Experiencia de Aprendizaxe e servizo: é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado onde os participantes aprenden ao traballar en necesidades reais da contorna coa finalidade de melloralo. En definitiva, a aprendizaxe-servizo é un método para unir o compromiso social coa aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores. Aprender a ser competentes sendo útiles aos demais. (http://www.udc.es/ocv/aprendizaxe_servizo/)


Á súa vez, o tema do Traballo Fin de Grao poderá ser elixido libremente polo/a estudante, a condición de que faga referencia a algún dos contidos formativos incluídos nas materias do plan de estudos do Título de Grao en Fisioterapia, en consonancia coas competencias recollidas na ORDE CIN/2135/2008, de 3 de xullo.

No entanto, a efectos organizativos, propoñense as liñas de traballo que figuran a continuación:
1. Fisioterapia Neurolóxica.
2. Fisioterapia Deportiva.
3. Diagnóstico e intervención fisioterápica nas principais disfuncións do complexo nocello-pé: fiabilidade, validez e eficacia.
4. Análise biomecánica do movemento. Rehabilitación da marcha en problemas neurolóxicos. Control motor. Exercicio físico e lesións deportivas.
5. Manexo da evidencia científica en Fisioterapia. Nutrición en Fisioterapia.
6. Fisioterapia nos maiores.
7. Fisioterapia respiratoria nas enfermidades do sistema respiratorio e outros procesos clínicos.
8. Fisioterapia Obstétrica e uroginecológica
9. Fisioterapia na prevención da enfermidade e promoción da saúde.
10. Fisioterapia en Traumatoloxía.
11.A nálisis biomecánico do movemento.
12. Tratamento 3D da escoliose a través do método FED.
13. Fisioterapia nas disfuncións do sistema neuro-músculo-esquelético.
14. Fisioterapia nas patoloxías relacionadas cos linfedemaes e problemas vasculares.
15. Efectos neurofisiológicos da Terapia Manual.
16. Sistema nervioso periférico.
17. Novas estratexias terapéuticas na avaliación e tratamento da enfermidade de Parkinson. Avaliación neurofisiológica da fatiga do sistema motor.
18. Epidemioloxía, prevención e tratamento activo da dor músculo-esquelético (DME). Impacto do DME na calidade de vida relacionada coa saúde (CVRS).
19. Disfunción da articulación témporo-mandibular.
20. Análise morfofuncional do sistema músculo-esquelético mediante ecografía. Fisioterapia nas disfuncións do sistema neuro-músculo-esquelético.
21. Electroterapia en Fisioterapia.
22. Rehabilitación acuática. Neurociencia aplicada á rehabilitación.
23. Intervención fisioterápica en nenos con patoloxía neurolóxica
A materia Traballo fin de Grao ten asignados 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do/a estudante.

A actividade presencial está representada por 13 horas distribuídas da seguinte maneira:
- 2 horas corresponden ao seminario inicial co responsable académico da materia onde se explican os distintos procedementos relacionados coa materia (elección do director, regulamento, modalidades de traballo, entrega do TFG,...) e acláranse todas as dúbidas que poidan xurdir.
- 10 horas distribuídas ao longo do segundo cuadrimestre destinaranse ás reunións presenciais co titor, para realizar un adecuado seguimento do TFG.
- 1 hora corresponde á presentación oral e defensa do TFG ante o Tribunal de avaliación.

As 137 horas restantes corresponden ao traballo non presencial por parte do estudante: selección do tema, cronograma de traballo e elaboración do TFG e preparación da súa presentación e defensa