Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Elaboración e presentación, en tempo e forma, dunha memoria do Traballo de Fin de Grao, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas.

70
Presentación oral A1 A2 A3 A19 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C3 C6 C8 C9 Presentación e defensa ante o Tribunal universitario dun traballo fin de grao, consistente nun exercicio de integración dos contidos formativos recibidos e as competencias adquiridas. 30
 
Observacións avaliación

A avaliación da presentación oral e posterior defensa do Traballo Fin de Grao será realizada polo tribunal designado, representando un 30% da cualificación final. Da mesma forma, este tribunal emitirá unha calificación da memoria do Traballo Fin de Grao que representará o 40% da cualificación final. Ambas calificacións deberán ser motivadas.

O restante 30%, corresponde coa cualificación emitida polo director/a do Traballo Fin de Grao no momento do seu depósito, para o cal deberá empregar o modelo de informe do director/a facilitado por parte da Secretaría Académica. Tal cualificación deberá ser motivada, e valorará tanto a calidade final do Traballo Fin de Grao presentado como a avaliación continuada do/a estudante.

Os requisitos para a matricula e a defensa do TFG estarán en todo caso determinados pola normativa vixente que adopte a Universidade.