Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Análise e discusión das ideas principais que se presentan a través da bibliografía básica, así como procura de nova bibliografía que xustifique ou cuestione as investigacións anteriores, facendo especial mención ás diferenzas metodolóxicas entre as investigacións.
Discusión dirixida Plantexamento dunha serie de cuestións reais ou de supostos prácticos sobre a problemática do benestar, a súa avaliación e mellora.
Sesión maxistral Exposición oral dos principais contidos do programa, sustentada na documentación previamente entregada aos estudantes
Traballos tutelados Elaboración de traballos destinados a promover a intervención e mellora do benestar psicolóxico das persoas.
Proba de resposta breve Exame escrito sobre os contidos abordados nas sesións expositivas. Formularanse varias cuestións de resposta breve.
Recensión bilbiográfica Traballo de recensión sobre a bibliografía básica da materia, que exclusivamente terán que desenvolver aqueles alumnos que por causas xustificadas non poidan acceder á maior parte das sesións presenciais