Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes. Ao longo destas sesións proporcionarase unha panorámica xeral da interrvención psicolóxica nos trastornos da saúde abordados nos temas de programa.
Traballos tutelados Cada alumno/a deberá presentar un traballo de análise dun artigo de revisión bibliográfica.
Obradoiro O alumnado será adestrado no desenvolvemento de competencias e habilidades terapéuticas para intervir no ámbito da psicoloxía clínica da saúde.
Presentación oral Cada alumno/a presentará de forma oral o seu traballo de análise dun artigo da literatura científica
Proba obxectiva Ao finalizar o curso realizarase unha proba obxectiva para avaliar os coñecementos sobre os contidos do programa.