Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases nas que o profesor explica un tema con axuda de esquemas e exemplos.
Análise de fontes documentais Os alumnos han de revisar e facer procura de artigos e outros documentos técnicos (sobre todo instrumentos de investigación e avaliación) para o traballo tutelado.
Lecturas Traballo individual de lectura dos documentos indicados polo profesor.
Traballos tutelados Realización da análise da investigación dun factor determinado que tivo unha especial relevancia no campo da investigación en psicoterapia (por exemplo, características do cliente) preparando un traballo rigoroso e ben organizado, xunto cunha presentación do mesmo que dará lugar a un debate en clase.