Metodoloxías Descrición
Proba mixta O alumnado terá que superar unha ou varias probas mixtas que consistirá na combinación de preguntas tipo test e preguntas de resposta breve.
Aprendizaxe colaborativa O alumnado, organizado en pequenos grupos, traballará colaborativamente para resolver aquelas tarefas e actividades indicadas polo profesorado.
Presentación oral O alumnado, organizado en pequenos grupos, deberá realizar unha exposición oral ante o resto de compañeiros de clase das tarefas e actividades indicadas polo profesorado.

Análise de fontes documentais Análise de documentos audiovisuais e en papel, relevantes para a intervención comunicativa das persoas que necesitan a comunicación aumentativa e alternativa.
Estudo de casos Nas sesións presentaránse mostras reais que serán obxecto de análise a través do traballo colaborativo en pequenos grupos. Deste xeito situaráse ao alumnado ante situacións concretas de avaliación e intervención en materia de CAA.
Traballos tutelados A posta en práctica das diferentes tarefas e actividades de tipo individual ou grupal que serán realizadas nas sesións servirán para aplicar os contidos teóricos traballados previamente e facilitar así unha aprendizaxe autónoma por parte do alumnado.