Temas Subtemas
O traballo de fin de máster estará orientado a avaliar as competencias asociadas ao título. Tratarase dun traballo de profundización nunha ou máis materias, que compendie a formación adquirida ao longo do máster.

Os contidos articularanse a partir dos seguintes aspectos:
- Formulación do problema de investigación
- Revisión bibliográfica
- Delimitación do tema de investigación: xustificación, obxectivos, hipóteses
- Planificación da investigación
- Recollida de datos
- Análises e discusión das resultados
- Conclusións
- Redacción do informe de investigación
- Presentación oral da investigación