Metodoloxías Descrición
Seminario Estudo intensivo dos contidos presentados no temario, favorecendo a participación e discusión argumentada de todo o grupo, así como a elaboración de documentos e conclusións individuais.
Actividades iniciais Actividade que ten unha dobre finalidade. Por unha banda coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o estudantado para asegurar o logro dos obxectivos que se queren alcanzar e, por outra, explicar o programa previsto axustándoo, na medida do posible, ás necesidades do grupo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento no ámbito de menores en desprotección e conflicto social.
Investigación (Proxecto de investigación) Aprendizaxe a través da indagación na que o estudantado, individualmente, elaborará un traballo arredor das cuestións clave abordadas na materia, empregando as fontes de información básicas e complementarias.
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais e bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) que son relevantes para afondar sobre da relación entre a política educativa e a da xustiza de menores