Resultados de aprendizaxe Competencias do título
AO FINALIZAR A MATERIA, O ALUMNADO: Pode reflexionar por escrito acerca dos fundamentos metodolóxicos da investigación sobre a linguaxe e a comunicación. Pode describir os métodos e técnicas de recollida e análise de información, fundamentalmente cuantitativos. É capaz de deseñar instrumentos de recollida de información para programas de intervención en linguaxe e comunicación. É capaz de buscar e seleccionar a documentación bibliográfica necesaria para un traballo de investigación. É capaz de analizar criticamente as publicacións científicas. Pode comunicar axeitadamente os resultados dunha investigación. É capaz de elaborar un informe científico que implique definir un problema de investigación, as hipóteses e variables asociadas, así como definir o deseño, a mostra e o seu modo de selección, as ferramentas de recollida de datos e a súa consecuente análise e discusión. AP9
AP10
BP1
CP8