Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A8 B1 B4 B5 C1 C3 C7 No que se recollerá as actividades realizadas, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. 20
Presentación oral B1 B4 B5 C1 C3 C8 Consistirá na presentación dos traballos tutelados realizados nas sesións interactivas. 20
Proba mixta A8 A9 B10 Que constará de preguntas tipo test de resposta múltiple (o 50% da cualificación da proba) e preguntas de desenvovemento con resposta breve (50% da proba). 60
 
Observacións avaliación
Para que o alumnado poida ser avaliado segundo a planificación anterior, débese ter unha asistencia do 80% ás clases. 

Para superar a materia deberán aprobar a proba mixta e o portafolios grupal. No caso de non aprobar unha delas, a cualificación final da materia será como máximo  de 4 puntos (correspondendo cun 10 no portafolios).

No portafolios, a avaliación pode ser diferente para cada membro do grupo xa que estará supeditada ao grao de implicación amosado por cada persoa.

O ALUMNADO QUE ASISTA A MENOS DUN 80% DAS CLASES, deberá realizar un exame de carácter teórico-práctico que será o 100% da cualificación final.