Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A8 B7 B13 Valórase:
Resultados de aprendizaxe
Participación activa no grupo
Designación de tarefas
Traballo en equipo
Respecto e colaboración
Organización do traballo
Actitude, motivación e implicación
Produto final ben elaborado
100
 
Observacións avaliación

De acordo coas Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación de Titulacións dos estudos de Grao e Mestrado, a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías de aprendizaxe activa. Para aprobar a materia, o alumnado deberá obter un 5 na cualificación global da materia e ter superado cada unha das metodoloxías avaliables.

Para o alumnado que non poida asistir por causa xustificada, manterase o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá coñecer as actividades propostas e as súas datas de entrega.

Polo tanto, o día sinalado no calendario oficial non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao remate da impartición da materia.

Enténdese que os universitarios asumiron as capacidades lingüísticas en relación coa expresión oral e a escrita. Polo tanto, a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), a corrección gramatical e léxica resulta imprescindible e obrigatoria nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

En canto á realización fraudulenta das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023.