Metodoloxías
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
1. As dúbidas e demandas de orientación que xurdan das sesións expositivas, análise de fontes documentais, lecturas, actividades e preparación do exameno, serán atendidas pola profesora da materia durante o horario de titorias fixado de forma oficial.
2. De maneira máis específica, e no marco das sesións presenciais, a profesora ofrecerá atención personalizada mediante a que levará o seguimento e orientación das actividades que se realicen.
3. Como a realización do traballo tutelado é imprescindible para superar a materia, recoméndase que cada grupo realice unha titoría obrigatoria, fóra do horario de docencia presencial da materia.
4. Esta proposta de atencón personalizada é extensible ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que faga uso de dita dispensa.