Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Proporase a análise dun caso que se traballará en grupo baixo a orientación da profesora.
Sesión maxistral Exporanse os principios e conceptos básicos da materia.
Lecturas Recomendarase un dossier de textos para comprender os aspectos conceptuais da materia.
Proba mixta Versará sobre os contidos básicos da materia.
Aprendizaxe colaborativa Aprender a cooperar no traballo grupal
Discusión dirixida Realizaranse discusións e debates sobre temáticas nas que se poidan expoñer e defender diferentes puntos de vista.