Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A1 A3 A4 A7 A8 A16 A17 B2 B9 B10 B13 B14 B15 Esta proba consiste na elaboración dun proxecto didáctico AICLE, no que se valorarán elementos tales como a calidade deste, a relación de fontes documentais ou os recursos e estratexias utilizadas. 50
Presentación oral A2 A4 A8 A10 A14 A16 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B9 B10 B13 B14 C2 C3 C7 C8 Esta proba consistirá na presentación e defensa do proxecto CLIL, no que se valorará a calidade do traballo, a claridade na exposición e os recursos utilizados. 20
Traballos tutelados A1 A2 A9 A10 A12 A13 A14 A15 A18 B3 B6 B8 C2 C8 Esta proba consiste na elaboración de forma individual dun traballo de investigación en torno á aplicación de metodoloxías integradoras de lingua e contido. 30
 
Observacións avaliación

A avaliación nesta materia consistirá en:

1.
A elaboración dun breve proxecto de investigación. Realizarase de forma
individual. Terá unha valoración do 30% da nota final.

2. O traballo colaborador consistirá na elaboración dun proxecto didáctico relacionado coa metodoloxía AICLE. A presentación e defensa dun proxecto AICLE,
realizaranse en grupos ou de dous ou tres estudantes, e
excepcionalmente, de xeito individual. Terá unha valoración do 50% da
nota final.

3. A presentación e defensa oral do proxecto didáctico terá un valor do 20%.

Aqueles alumnos/as con dispensa académica de exención de asistencia
serán evaluados a través de traballo e proba individual, do mesmo xeito
que aqueles que non cumpran a asistencia do 80% das sesións
presenciales. A nota final será a media das cualificacións obtidas,
solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre
10 para aprobar a materia.