Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Realizarase unha avaliación inicial dos contidos relacionados coa materia.
Análise de fontes documentais A partir da busca en diferentes bases de datos e fontes bibliográficas, seleccionaranse diferentes artigos para coñecer a súa estrutura e analizar cada unha das súas seccións en función da metodoloxía utilidada. Ademáis, servirá para completar a parte correspondente da metodoloxía de solución de problemas.
Obradoiro Para facer o proceso de ensino-aprendizaxe máis práctico en termos de análise cuantitativa de datos e información cualitativa, realizaranse obradoiros cos recursos informáticos necesarios.
Sesión maxistral Nestas sesións, explicaranse os contidos dos temas da materia de modo que permitan a participación activa do alumnado. Aclararanse as dúbidas que vaian xurdindo e comentarase a bibliografía que lles permitirá ampliar os coñecementos vistos en clase.
Solución de problemas Para promover a participación activa do estudantado, plantexarase a elaboración dun dossier que partirá da definición dun problema, completando as distintas fases do proceso de investigación científica, considerando os contidos traballados na materia.