Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Utilización de documentos de toda tipoloxía, aplicables e relacionados coas didácticas específicas (primarias, secundarias e terciarias: arquivísticos, bibliográficos, audiovisuais, hemerográficos, arqueolóxicos, orais, textuais, literarias, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para o traballo coas mesmas.
Aprendizaxe colaborativa Realización de traballos en grupos e participación en sesións de xogo de rol na aula, simulado situacións e técnicas expostas nas fontes documentais.
Discusión dirixida Posta en común dos contidos analizados nas fontes documentáis.
Discusión sobre a súa aplicabilidade.
Investigación (Proxecto de investigación) Proceso orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Prácticas a través de TIC Uso de recursos TIC para acceder a fontes de nformación e xestionalas, así como para apoiar a exposición do proxecto de investigación.
Presentación oral Exposición do proxecto de investigación e de actividades propostas polo profesorado
Actividades iniciais Presentación das liñas xerais da materia e toma de contacto cos estudantes, os seus intereses e expectativas.