Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe.
Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Para o correcto desenvolvemento das sesións e das tarefas acometidas non será necesario posuir coñecementos específicamente musicais nin tecnolóxicos por parte do alumno/a, xa que se acometerán propostas inclusivas adaptadas ao perfil do/a estudante.
O software empregado nas sesións e na realización das tarefas será libre.