Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A7 A10 A15 A16 B2 C5 Realizaranse traballos de aplicación de contidos (poderanse realizar individualmente ou en grupo), vinculados á investigación e innovación en EM. Los docentes especificarán os requisitos formales para a sua presentación, tanto na sua parte escrita como na oral. O cumplimento dos requisitos será imprescindible para que os traballos sexan aceptados. 60
Aprendizaxe colaborativa A6 A7 Valoraralse a implicación de cada alumno de xeito individual na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 20
Presentación oral A8 B4 B6 B8 Consiste na exposición na clase da análise de fontes documentais e dos traballos realizados. Pode realizarse no tanscurso da materia, ou ao finalizar a mesma. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura é necesario aprobar cada un dos
apartados anteriores. No caso contrario non se fai media.

A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as)
entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo
realizado.

Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases
presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha
proba individual. Neste caso, os ítems da avaliación e o traballo terán unha ponderación do 50%, esixíndose en
cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10.
Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como
unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número
de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.

No caso
no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".


















Nesta materia, se algún dos docentes detecta



plaxio nalgún traballo, suporá un
0 na cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión
Académica para a toma de medidas oportunas.

Farase
especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e
sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente,
e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir
borradores.

Débese
facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos
empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de
plástico na entrega dos mesmos.

Evitaráse
a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.