Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada á que se refiren estas metodoloxías concíbese, en xeral, como momentos de traballo presencial, individual ou grupal, –que se poderán complementar co uso de ferramentas como correo-e, Moodle e Teams- co profesorado da materia. Irase concretando a medida que se desenvolve a materia, en función das necesidades detectadas.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO NA UDC" desenvolverá a súa actividade coa asistencia e participación nas dinámicas que se recollen no Paso 4 e na “Atención personalizada” descrita para a "Aprendizaxe colaborativa" os “Traballos tutelados” e a "Proba mixta".