Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Presentaranse varias boas prácticas para ver o seu deseño, desenvolvemento e resultados
Análise de fontes documentais Propondranse observar detidamente tanto documentos visuais como textuais.
Discusión dirixida Propondranse exemplos e modos de actuación
Traballos tutelados Deberán aportar unha acción determinada de implementación no centro escolar
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia
Presentación oral O alumnado deberá presentar e defender as súas propostas