Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para avaliar o traballo tutelado teranse en conta os seguintes aspectos:

- contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas ao longo do cuadrimestre no tratamento dos contidos e relacións entre elas;
- estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.

45
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 55
 
Observacións avaliación
  1. A asistencia ás sesións é imprescindible. O alumnado que non ás mesmas ou teña unha asistencia inferior ao 80% deberá realizar os traballos tutelados de modo individual.
  2. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mixta)
  3. O traballo tutelado (análise de material curricular) entregarase na data que se indique. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o traballo tutelado e -de ser o caso-os escritos de síntese das lecturas indicadas.
  4. É obrigatoria a participación no proceso de asignación-selección inicial de materiais curriculares para a elaboración do traballo tutelado; esta terá lugar nas primeiras semanas de docencia da materia.